Arquivo por etiquetas: Festividades

Procesión de San Queitano (2012)

Plano secuencia onde se recolle o paso da procesión de San Queitano no ano 2012. O emprazamento da cámara é na rúa de San Caetano ao seu paso por enriba da Canteira no desvío cara o camiño de Santa Catalina e a Bouza Grande. Procesión onde saen os estandartes da comisión e os santos aos que se rinde culto na capela e onde se poden recoñecer a moitos veciños do barrio da Cruzada e da Guarda. A festa de San Queitano é a primeira fin de semana de agosto.

Advertisement

ROMARÍA DE SANTA TREGA (C. ANOS 90)

Imaxes do xantar da romaría de Santa Trega onde distintas familias se congregan á altura da Casa Forestal para comer e beber. Esta festividade relixiosa celébrase cada 23 de setembro e ten lugar na capela da cima do monte. Un santuario que ten como advocación a Santa Trega. Unha romaría á que acoden moitos veciños da vila e da contorna.