Arquivo por etiquetas: Colexio da Pasaxe

HOMENAXE DO IES A SANGRIÑA A MANOEL DE OLIVEIRA

As alumnas e alumnos do Socheo Educativo, grupo de reflexión e creación audiovisual dos I.E.S. A Sangriña da Guarda (Galiza), fixeron un vídeo homenaxe ao grande mestre do cinema Manoel de Oliveira. O director portugués finou o pasado 2 de abril na súa casa do Porto aos 106 anos de idade.

A nova da súa morte foi transmitida aos alumnos que serviu para ampliar o coñecemento sobre tan insigne creador. Repasouse toda a súa vida, obra e concepción cinematográfica, mais o dato que máis lle chocou foi que estudara, fai case un século, a pouca distancia da súa escola.

Este dato biográfico foi o que motivou aos rapaces a facer este homenaxe urxente, o primeiro que se lle dedica desde o Concello da Guarda. Os rapaces escolleron a canción do Aniki Bobó (1941), o seu filme sobre o mundo da infancia, e gravaron o estado actual do colexio dos xesuítas da Pasaxe (Camposancos) onde Manoel de Oliveira estudou internado desde 1919 a 1923.