Proxecto Socheo recupera unha secuencia do filme Vikingland (Xurxo Chirro, 2011) que non entrou na versión final. Titúlase “Porto”. Nela, tras unha locución de Luís Lomba “O Haia”, podemos ver a mariñeiros da Guarda no porto de Sylt (Alemaña) e de Romo (Dinamarca) no ano 1993.
Arquivo por etiquetas: Cine
SEN ESQUECERSE DE OIA (2005)
Fragmento do filme “A velocidade funda o esquecemento”, do director arxentino Marcelo Schapces. Coprodución entre Arxentina e España que tivo como escenarios o Baixo Miño, especialmente Oia e Tui.
LEMBRANDO OIA (2005)
Fragmento do filme “A velocidade funda o esquecemento”, do director arxentino Marcelo Schapces. Coprodución entre Arxentina e España que tivo como escenarios o Baixo Miño, especialmente Oia e Tui.
O CALVARIO, O ROSAL (1968)
Fragmento do filme “Más allá del río Miño”, dirixido por Ramón Torrado no ano 1968. Unha produción que tivo varias localización polo Baixo Miño, aquí presentamos a secuencia que se filmou no Calvario, no Rosal.
Romaría da Festa do Monte (1968)
Fragmento da película “Mas allá del río Miño”, filmada por Antonio Román en 1968. Estas imaxes son planos de ambientación da secuencia dunha romaría que acontece na ficción en Torroña mais as imaxes pertencen á Festa do Monte da Guarda.
Martes de Carnaval nas Eiras (1991)
Imaxes do filme “Martes de Carnaval”, dirixida por Fernando Bauluz e Pedro Carvajal en 1991. Este filme foi filmado maioritariamente en San Miguel no Rosal mais tamén incorporaron localizacións nos arredores como estas dúas secuencias que acontecen na ribeira do Miño, concretamente nas Eiras. Aquí presentamos a secuencia final onde se sobreimpresionan os títulos de créditos finais.
Sara Montiel vai aos percebes (1969)
Fragmento do filme “Esa mujer”, dirixida por Mario Camus no ano 1969, onde se ve a súa actriz protagonista, Sara Montiel, recoller percebes nas rochas da costa de Oia.
Ratas embarcando para A Guarda
Fragmento do telefilme “O bosque de Levas”, dirixida por Antón Dobao en 2006. Nestas imaxes recollen unha viaxe no ferry entre A Guarda e Caminha. Todo é placidez e beleza mais nada fai agardar que atravesía remate cunha desagradable sorpresa.
ALÉN DO RÍO MIÑO (1969)
Fragmento do filme “Mas allá del río Miño”, dirixido por Ramón Torrado no ano 1969. Conta a historia dun neno e o seu poldro que fuxen da casa e o pai da con eles coa axuda do apóstolo Santiago. Unha trama rocambolesca que da a excuusa perfecta para facer un percorrido por Galicia. O filme comeza con secuencias na Serra da Groba e logo inicia un periplo polo Baixo Miño, a ría de Vigo e posteriormente Santiago de Compostela.
Secuencia road-movie filmada polo Baixo Miño e o Trega! Atención a frese: “Nosotros como estamos acostumbrados no le damos tanta importancia como ustedes los turistas”. Ainsss!
Rescate (in extremis) feita por Carlos Alberto Reboredo Otero para Socheo. Grazas pola colaboración!
CANDO A GUARDA FOI FRANCIA (1988)
Fragmento da película “Gallego” (1988), dirixida por Manuel Octavio Gómez. Nela hai unha secuencia onde O Puntal convértese na recreación dunha praia francesa que recollía refuxiados españois tras finalizar o conflicto da Guerra Civil Española, concretamente algunha das praias de Argeles Sur-Mer no Departamento de Montpellier. Nela podemos ver o actor principal do filme, Sancho Gracia, rodeado dunha chea de extras. Tamén dicir que a rodaxe desta secuencia neste paraxe foi unha contundente agresión contra o espazo dunar que caracteriza esta zona da foz do Miño.