Arquivo por etiquetas: Beli

Troulada da Festa do Monte (1993)

Última hora da tarde no Montiño (Parque do Cancelón). A xente que subiu a cima do Monte Santa Trega fai unha parada para repor forzas antes de acometer a baixada polas rúas da Guarda. Os romeiros bailan frenéticamente e apuran o tempo degustando algo de alimento ou un grolo de viño. Os bombos sonan sen parar amenizando unha gran troulada que se prolongará até ben entrada a noite. As bandas mariñeiras seguen tocando os instrumentos sen parar nunha extraña catarse mestura de cansancio e ebriedade. Xentileza de Beli Álvarez

Advertisement