Arquivo por etiquetas: Albatros

ESTREA DO DOCUMENTAL “ESCOLA DE XADREZ” SOBRE O CLUB ALBATROS DA GUARDA

Este documental foi feito por iniciativa de Proxecto Socheo en colaboración co Club de Xadrez Albatros da Guarda. A idea de facer este filme documental foi de Daniel Lomba, antigo responsable de formación de Albatros mais tamén participaron Xurxo Chirro na edición e Alfonso Vicente na imaxe gráfica.
Fai unha década fixérase unhas gravacións para ilustrar unha comunicación nun congreso de psicoloxía deportiva. Esas imaxes nunca viran a luz pública. Case unha década despois volveuse a traballar sobre esas imaxes. Os contidos científicos intentáronse manipular para facer unha homenaxe ao club Albatros.
A manipulacións consistiu en facer unha panorámica ampla de como estaba organizado o Albatros fai unha década e mostrar a todos os axentes que nel confluían.O Albatros é unha institución deportiva da Guarda que posúe unha dilatada traxectoria. Desde Proxecto Socheo queremos felicitar a súa labor e desexar que a súa actividade continúe por moitos anos.

Advertisement

CARTEL DE ESCOLA DE XADREZ

escolaxadrez3

Presentamos o cartel deste filme xurdido da colaboración entre Proxecto Socheo e o Clube de Xadrez Albatros da Guarda. A imaxe gráfica foi feita polo artista guardés Alfonso Vicente.

Dentro da liña de buscar sinerxias con outros axentes culturais da vila da Guarda Proxecto Socheo atopou boa sintonía co club de xadrez para poñer en valor grabacións que tiñan nos seus arquivos.
Unha actuación que xa se deu con IES A Sangriña, Colexio As Solanas e o Club de Remo Robaleira. Desde Proxecto Socheo estamos abertos a establecer este tipo de colaboracións con outras institucións e asociacións da Guarda.