Imaxes desde un arrañaceo de São Paulo, a maior megalopole do Brasil que acolle a xente de todo o mundo, entre eles, veciños da Guarda.
Arquivo por etiquetas: 2012
Tránsito de Santa Catalina (2012)
En novembro de 2012 celebrouse por primeira vez a festividade de Santa Catalina no barrido da Cruzada (A Guarda) dando pé a unha serie de imaxes novas na memoria da xente e na paisaxe.
MANUEL GONZÁLEZ “MANEQUIS-BULINA”
Unha nova entrevista que forma parte do proxecto Memoria Acústica Europea realizado en Galicia por Escoitar.org. Esta gravación feita no verán do 2012 na Guarda contou co apoio de Proxecto Socheo.
ANTONIO MARTÍNEZ MARTÍNEZ “MORRUDO”
Entrevista que forma parte do proxecto Memoria Acústica Europea realizado en Galicia por Escoitar.org. Esta gravación feita no verán do 2012 na Guarda contou co apoio de Proxecto Socheo.
ISABEL MARTÍNEZ GONZÁLEZ “QUINONA”
Entrevista que forma parte do proxecto Memoria Acústica Europea realizado en Galicia por Escoitar.org. Esta gravación feita no 2012 na Guarda contou co apoio de Proxecto Socheo.
JOSÉ BENITO RODRÍGUEZ “CHIRRO”
Entrevista que forma parte do proxecto Memoria Acústica Europea realizado en Galicia por Escoitar.org. Esta gravación feita o verán do 2012 na Guarda contou co apoio de Proxecto Socheo.
Mercedes Lomba Baz
Entrevista que forma parte do proxecto Memoria Acústica Europea realizado en Galicia por Escoitar.org. Esta gravación feita o pasado verán na Guarda contou co apoio de Proxecto Socheo.
MOSTEIRO DE OIA (2012)
Estreamos a sección ARREDORES para ampliar un pouco máis o campo de acción de Proxecto Socheo! Comezamos cun especial paseo polas entrañas do Mosteiro de Oia. Único mosteiro cisterciense ao carón do mar que na Guerra Civil foi campo de concentración. Monumento histórico de grande importancia en penoso estado de conservación! Gracias a Constante Rodríguez por facilitar o vídeo!.
Trátase dun singular percorrido polo Mosteiro de Oia, un dos monumentos máis importantes da bisbarra do Baixo Miño. Nel subiremos ate o campanario, deambularemos pola claustro e finalmente remataremos na igrexa onde o pobo de Oia está a celebrar unha festa.
Descarga de Sardiñas no porto da Guarda (2012)
Nunha das noites do verán no porto da Guarda unha cámara dun móbil recolle unha descarga de sardiñas. Unha escena que cada vez é máis infrecuente xa que a captura de sardiña está minguando obstensiblemente se comparamos cifras con décadas pasadas. O porto da Guarda é unha base excelente para os barcos de ardora que en parella ban a capturar a sardiña que ten como hábitar privilexiado a zona do mar fronte a desembocadura do río Miño. A pesca da sardiña tamén a fan embarcación menores como as gamelas que colleron a herdanza da pesca do xeito,