Arquivo da categoría: Social

Dies Dei, de Nani Matos (2009)

Curtametraxe de ficción do guardés Nani Matos realizado na Guarda en 2009. A sinopse da película trata de Avelino é un septuaxenario que vive centrado no coidado da súa muller. Teresa, que así se chama ela, padece unha enfermidade que a ten prostrada na cama a maior parte do tempo. A vida de Avelino transcorre con certa normalidade ata que empeza a notar os mesmos síntomas.

Advertisements

Manifestación en defensa da flota guardesa no caladoiro de Marrocos (1979)

Película da manifestación, corresponde á xornada de mobilización – convocada pola Unión Sindical Local de CC.OO. – Comisións Mariñeiras – contra á Administración central española – daquela gobernaba a UCD, de Adolfo Suárez -, pola aplicación, por parte de Portugal, da protección dos seus caladoiros, de tal xeito que á flota de A Guarda, que viña faenando na plataforma continental de Portugal, tivo que deixar de face-lo e a partires diso, sair á procura de novos caladoiros, no banco canario sahariano. Esta manifestación tivo lugar no ano 1979. Comezou na Praza do Reló, percorreu a actual rúa de Galicia e baixou Concepción Arenal até o Porto. Segundo recollen as imaxes houbo unha gran asistencia de xente, todo o pobo movilizouse para reclamar ás autoridades españolas defensa da súa importante flota pesqueira.

O documento é unha contribución de Ricardo Rodríguez ao Proxecto Socheo.