Arquivo da categoría: Socheo Educativo

Lembranzas da miña primeira escola – Jeanette Conde

Socheo Educativo

A alumna Jeanette Conde ofrécenos unha perspectiva do seu barrio en Camposancos. O seu ollar saudoso detense no edificio e no patio que, ata hai poucos anos, albergaba a Escola Infantil “A Poza”, na que ela mesma comezou a sua andaina escolar.

Exercicio II – MINUTO LUMIÈRE

Tras un sinxelo achegamento teórico ao papel da imaxe e das súas representacións ao longo da historia, detivémonos no xurdimento do cinema a finais do século XIX. Despois de visionar e comentar as primeiras obras filmadas polos Lumière propuxemos que o alumnado realizase, usando os aparellos que tivesen a man (mobiles ou cámaras), unha gravación cun plano fixo de aproximadamente un minuto. Así como fixeron os irmáns franceses, os estudantes capturarán nestas pezas anacos da sua propia cotidianidade: xente, espazos, paisaxe, etc.

Advertisement

PLANOS CINEMATOGRÁFICOS (SEGUNDO O SEU TAMAÑO)

SOCHEO EDUCATIVO

Exercicio I – Planos cinematográficos (segundo o seu tamaño).
Con este exercicio práctico completamos unha primeira aproximación aos máis importantes planos cinematográficos. Despois dunha breve abordaxe teórica sobre as súas características e funcionalidades, cada estudante gravou varias tomas atendendo ao encuadre propio de cada tipo de plano.