Arquivo da categoría: Socheo Educativo

Jeanette protagonista no El Comarcal de La Voz de Galicia

NjeanetteVOZDEGALICIA

Jenette protagonista nas páxinas de El Comarcal do Baixo Miño da Voz de Galicia. O artigo titúlase “Jeanette, a faciana da que naceu unha curta” escrito por Miriam Vázquez Fraga.

Advertisement

Jeanette gaña o premio á mellor curtametraxe no FICIC 2016

Jeanette-cartaz1

A curtametraxe Jeanette, dirixida por Xurxo Chirro en colaboración cos alumnos do IES da Sangriña da Guarda, acaba de gañar o premio á mellor curtametraxe na competencia internacional do Festival Internacional de Cine Independente de Cosquín, Córdoba, Arxentina.

Esta curtametraxe é a culminación dunha serie de actividades formativas que levou a cabo Proxecto Socheo no IES A Sangriña da Guarda durante o curso 2014-2015. Este programa de formación audiovisual denominouse Socheo Educativo e foi premiado polo Ministerio de Cultura de Espña polo seu decidido labor de alfabetización audiovisual.

Xurxo Chirro comenta que “está moi contento polo recoñecemento mais o interesante foi a propia realización da curtametraxe xa que contei coa axuda duns rapaces cun inusitado interese e un desbordante entusiasmo por implicarse no proxecto. Parabens para todos eles!”.

Mentres, Beli Martínez, produtora de Proxecto Socheo di con pragmatismo “que bota de menos unha maior implicación e apoio das institucións por que se comproba que co noso método de ensinanza se pode alcanzar con facilidade froitos, que non son outros que xerar unha gran ilusión nos rapaces para comprender e expresarse dunha maneira axeitada e creativa coas ferramentas audiovisuais”.

Presentación do trailer de Jeanette

Temos o pracer de presentar o avance da curtametraxe Jeanette. Un filme dirixido por Xurxo Chirro e realizado en colaboración cos alumnos do IES A Sangriña da Guarda. Estrearase no Festival de Cine Independente de Cosquín, en Córdoba, Arxentina. Esta curtametraxe foi o proxecto final das aulas e actividades realizadas desde Socheo Educativo.

O cartel de Jeanette realizado por Alfonso Vicente Rey

 

Jeanette-cartaz1O artista guardés Alfonso Vicente Rey realizou o cartel da curtametraxe Jeanette que se estreará no FICIC 2016, no Festivial internacional de Cine Independiente de Cosquín en Córdoba, Arxentina.

O cartel reproduce un dos planos máis significativos da curtametraxe, concretamente cando a protagonista se ve o seu rostro nun espello lateral dun coche. Un momento intenso e que re-enmarca o primeiro plano.

Segundo Alfonso Vicente Rey:“escollín o fotograma que me pareceu máis atractivo para poder facer un retrato do personaxe. Atopaba nel unha síntese dos aspectos máis relevantes da súa personalidade adolescente: certo misterio e inxenuidade, que tratei de traducir mediante o emprego dos lapis de cores”.

A curtametraxe Jeanette estrearase en Arxentina

ficic-2016-janette-2-b

A curtametraxe Jeanette estrearase no Festival Internacional de Cine Independiente de Cosquín, en Córdoba, Arxentina. Esta cita cinematográfica celebrarase do 4 ao 8 de maio e está programada polo crítico Roger Koza.

Este traballo foi dirixido por Xurxo Chirro en colaboración con alumnos do IES da Sangriña da Guarda  ao abeiro do curso Socheo Educativo desenvolvido no instituto da Sangriña durante o curso 2014-2015. Despois dun curso de actividades teoricas e prácticas fíxose un obradoiro especial durante o verán consistente na realización dunha curtametraxe .

A curtametraxe está interpretada pola alumna Jeanette Conde, mais tamén interveñen Ángeles Rodríguez, Antía Álvarez, Mateo Álvarez, Carmen Rodríguez, Álvaro Cara e Pablo Cividanes.

Hai que lembrar que Socheo Educativo recibiu o Premio de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Cultura no ano 2014. “Actualmente a nosa presenza nas aulas está parada mais estamos pendentes de que algunha institución local, provincial e autonómica se decida a prestar apoio económico para seguir con estas actividades de formación. A experiencia da curtametraxe foi tan positiva que xa estamos pensando en repetila para o próximo verán”, sinala Beli Martínez, produtora de Proxecto Socheo.

FOTOS DO COMO SE FIXO A HOMENAXE A MANOEL DE OLIVEIRA

Imaxe dos distintos procesos de realización do vídeo homenaxe a Manoel de Oliveira.
Primeiro afondouse na súa figura e obra, despois deseñouse o que facer e, finalmente, a rodaxe.

As alumnas e alumnos de Socheo Educativo recordaron así a un dos maiores creadores cinematográficos do mundo que estudou nas proximidades da súa escola fai case un século (1919-1923)

EI, LUMIÈRE… XOGAS?

Co obxectivo de captar unha escena cotiá, Iago Álvarez leva a súa cámara á taberna/tenda do Galo e alí filma unha partida de cartas. Por unha banda esta peza supón unha interesante releitura daquela outra partida filmada polos Lumière (http://youtu.be/DeVaPwgJiu4) que os estudantes tiveron ocasion de ver en clase. Por outra, constitúe un valioso documento desde o interior deste histórico establecemento, unha das últimas tabernas (das moitas que chegou a haber por todos os barrios) que continúan funcionando na Guarda. Outra entrada de Socheo Educativo.

DE BISSAU Á PASAXE – de Ricardo Dorado

Nova entrega de Socheo Educativo…

O alumno Ricardo Dorado conseguiu filmar o momento en que o barco “Orca”, con bandeira da Guiné-Bissau, era remolcado polo río Miño nas proximidades da Pasaxe, en Camposancos.

Exercicio II – Minutos Lumière

Tras un sinxelo achegamento teórico ao papel da imaxe e das súas representacións ao longo da historia, detivémonos no xurdimento do cinema a finais do século XIX. Despois de visionar e comentar as primeiras obras filmadas polos Lumière propuxemos que o alumnado realizase, usando os aparellos que tivesen a man (mobiles ou cámaras), unha gravación cun plano fixo de aproximadamente un minuto. Así como fixeron os irmáns franceses, os estudantes capturarán nestas pezas anacos da sua propia cotidianidade: xente, espazos, paisaxe, etc.