Arquivo da categoría: Ramón Pérez

PORTO DA GUARDA NO INVERNO (1979)

Primeira película do fondo Ramón Pérez (o médico) onde a protagonista é a súa muller. Mais se vemos o fondo permítenos ver o estado do porto tralo paso dun temporal no inverno de 1979. Esta película pódese ver grazas a colaboración da familia, concretamente de María Pérez e do traballo de La Mirada de los Extremeños.

Advertisement

Proxecto Socheo mostra filmacións do médico Ramón Pérez

COS00010

Estas filmacións domésticas foron realizadas por Ramón Pérez, un antigo e lembrado médico que desempeñou o seu traballo na Guarda desde os años sesenta até practicamente os seus últimos días.

Don Ramón, que así era como o coñeciamos a meirande parte dos seus veciños, naceu en Albeos, Concello de Crecente no ano 1926 e finou en Vigo, en 2009.

As filmacións foron facilitadas pola familia, concretamente pola súa neta, María Pérez, que vive actualmente en Cáceres. As dixitalizacións foron feitas pola Memoria de los Extremeños, proxecto de recuperación cinematográfica da Filmoteca de Extremadura.

Os filmes de Ramón Pérez son caseiros, foron feitos no formato de Super 8, e hai imaxes de Galicia e de distintos viaxes que fixo. As que se mostran en Proxecto Socheo son as imaxes tomadas na Guarda no ano 1979 e 1980. A primeira é unha onde filmación da muller no porto da Guarda cos restos dunha marusía, que polo estado do porte podemos datala en febreiro de 1979.  A outra é dun ano despois e recolle o Desfile da Festa do Monte. Concretamente este evento destaca pola cantidade de cámaras que o documentaban.

Os devanditos filmes poderán ser vistos nos vindeiros días na web de Proxecto Socheo: https://proxectosocheo.wordpress.com/