Arquivo da categoría: Oficios

MARCAS DOS MARIÑEIROS DA GUARDA

Documentación da exposición “Marcas dos mariñeiros da Guarda” que organizou Anabam na súa sede desde o 26 de decembro de 2012 ao 5 de xaneiro de 2013. Conducidos polo relatorio de Antón Ferreira, un dos promotores da exposición, deambulamos polos espazos e facemos un seguimento das distintas pezas que forman parte dela. Homenaxe aos mariñeiros da Guarda.


Advertisement

Descarga de Sardiñas no porto da Guarda (2012)

Nunha das noites do verán no porto da Guarda unha cámara dun móbil recolle unha descarga de sardiñas. Unha escena que cada vez é máis infrecuente xa que a captura de sardiña está minguando obstensiblemente se comparamos cifras con décadas pasadas. O porto da Guarda é unha base excelente para os barcos de ardora que en parella ban a capturar a sardiña que ten como hábitar privilexiado a zona do mar fronte a desembocadura do río Miño. A pesca da sardiña tamén a fan embarcación menores como as gamelas que colleron a herdanza da pesca do xeito,

Pesca con rediñas (1980)

Imaxes espectaculares dunha filmación dunha xornada de pesca con rediñas. Xente da Guarda embarcada nunha gamela disponse alar unhas caseas de rediñas que estaban nas proximidades da costa, entre a boca do porto e As Loucenzas. Dentro do proceso de pesca vemos como empregan un rodillo de proa para alar as redes. Despois de facer unha selección do peixe dirinxense a porto cunhas fermosas imaxes da Guarda desde unha perspectiva pouco usual e tamén na Ribeira clarexando as redes. Este filme pódese ver gracias á colaboración con Proxecto Socheo de Jose Antonio Uris Guisantes.

O ÚLTIMO CORDELEIRO

Un excelente documental de carácter etnográfico sobre un dos oficios xa desaparecidos da vila da Guarda: o cordeleiro. Este traballo foi un proxecto resultante da inclusión, dunha manira moi anovadora, dos audiovisuais no medio académico, concretamente do C. P A Sangriña da Guarda englobado dentro do que se deu en chamar Telexeonllo. Un filme-videográfico feito en 1993 e que narra cunha estructura narrativa moi interesante, como un grupo de rapaces se aproxima ao mundo, hoxe desaparecido, de Enrique Maya: “o último cordeleiro”.