En 1979 produciuse unha movilización da sociedade guardesa en desfensa da flota guardesa e as súas arelas de faenar nos caladoiros próximos á costa de Marrocos. Toda a poboación da Guarda foi consciente do que se xogaba a Guarda nesta demanda. A manifestación decorreu entre a vía do Porto e a Alameda da Guarda. Nela déronse cita mariñeiros e familias que demandaban que lle puxeran solución as demandas do colectivo.
Arquivo da categoría: Manifestación
Manifestación en defensa da flota guardesa no caladoiro de Marrocos (1979)
Película da manifestación, corresponde á xornada de mobilización – convocada pola Unión Sindical Local de CC.OO. – Comisións Mariñeiras – contra á Administración central española – daquela gobernaba a UCD, de Adolfo Suárez -, pola aplicación, por parte de Portugal, da protección dos seus caladoiros, de tal xeito que á flota de A Guarda, que viña faenando na plataforma continental de Portugal, tivo que deixar de face-lo e a partires diso, sair á procura de novos caladoiros, no banco canario sahariano. Esta manifestación tivo lugar no ano 1979. Comezou na Praza do Reló, percorreu a actual rúa de Galicia e baixou Concepción Arenal até o Porto. Segundo recollen as imaxes houbo unha gran asistencia de xente, todo o pobo movilizouse para reclamar ás autoridades españolas defensa da súa importante flota pesqueira.
O documento é unha contribución de Ricardo Rodríguez ao Proxecto Socheo.