Arquivo da categoría: Laxeiro

Laxeiro: singladuras en terra

José Antonio González Pacheco, máis coñecido como Laxeiro, é un mariñeiro que se dedicou a filmar cunha cámara de Super 8 cando estaba en terra. A singularidade do cinema familiar na Guarda é que o oficio que experimentou maior atracción sobre o cinema familiar foi o mariñeiro. Laxeiro é una mostra paradigmática da especial relación que tiveron os homes do mar da Guarda co mundo das imaxes.

Nos poucos periodos que lle podía dedicar ao ocio, Laxeiro valeuse da cámara para retratar os aspectos familiares máis senlleiros: Festa do Monte, procesións, viaxes, bodas… Toda una serie de lugares aos que, comunmente, chegaba ao cinema.

A cronoloxía hai que situala desde 1978 e 1983 polo que temos una serie de películas que vemos que se repiten noutras mostras que xa recalaron en Proxecto Socheo. Dito isto, tódolos filmes de Laxeiro transmiten una extraña familiaridade, de espacios e eventos coñecidos. A parte disto estamos a falar dun período temporal no que proliferon as cámaras polas rúas da Guarda.

Para finalizar gustaríamos destacar a película máis sobranceira de Laxeiro que é na que retrata a manifestación que houbo na Guarda no ano 1979, en defensa da flota pesquera que faenaba en Marrocos.

Advertisement

Volver

Volver? Nunca nos fomos. Durante este tempo Proxecto Socheo ficou nun estado latente traballando en silencio para seguir atopando patrimonio audiovisual da Guarda. Durante este período tivemos una actividade de divulgación baixa sobre todo dando saída a todas aquelas persoas que se puxeron en contacto para empregar a Proxecto Socheo como una plataforma para das a coñecer imaxes que demandaban ser vistas. Neste senso temos que dar as grazas a Xavier Lomba e a Luis A. Martínez Sobrino.

Porén, agora volvemos con gañas para dar a coñecer o material dos fondos de Tini de Andrés, Raúl Pérez, Jesús Zapico e J. Antonio González Pacheco “Laxeiro”. Os responsables destes catro fondos pensaron en Proxecto Socheo para poñelos en valor e para iso, para pechar o círculo, teñen que ser desfrutado por todos vós.

Mais para esta travesía, quen sabe se a última, Proxecto Socheo viuse rodeado dun par de colaboradores especiais a quen queremos dar as grazas: ao Faiado da Memoria de Vilagarcía e a ORPAGU. Os primeiros foron fundamentais para facer a ardua tarefa de dixitalizar as películas de Súper 8. E o máis destacable é que este traballo fíxose dunha maneira desinteresada porque a xente do Faiado da Memoria, especialmente a Antón e a Margarita, participan das mesmos principios que avoga Proxecto Socheo. Para ter un xesto con este altruísmo falamos con ORPAGU, especialmente con Juana e Balueiro, e eles proporcionaron, tamén facendo gala dunha grande filantropía, a maneira de recompensar tanta xenerosidade. Para todos eles dámoslle agradecementos a mans cheas todas as veces que faga falta.

Antes de despedirmos nos gustaría recalcar que aínda se pode facer moito polo patrimonio da Guarda polo que instamos as novas xeracións a seguir interesándose por el. Neste punto gustaríamos aportar unha verbas alentadoras: non sucumbades ante os fracasos porque cando veñan os logros estes proporcionarán unha ledicia indescriptible.

Agora xa si, imos a celebrar a nosa década de existencia. Ao longo dos próximos meses amosaremos no que estivemos traballando. Prepárense para este percorrido polo tempo. Agardamos que desfruten.

Entrevista a J. Antonio González Pacheco “Laxeiro”

IMG-20200517-WA0005

Era afeccionado ao cine? Ía moito ao cinema?
Non, pouco.

Tiña cámara fotográfica antes de ter cámara de cine?
Si.

Onde mercou a cámara?
En Canarias, en Las Palmas, case todas eran de alí, valían a metade de cartos. Trouxen dúas, unha para min e outra para Antonio Bento, de Camposancos.
Tanto a de cine como a de fotos compreinas en Las Palmas.

Alguén lle asesorou?
Si.

Porque a mercou?
Para gravar eventos.

Quen tiña cámaras parecidas? Coñecía a outras persoas da Guarda que tiveran cámara de Súper 8?
Había poucas. Antonio, e ao menos dúas persoas máis, unha era mariñeiro, pero non lembro quenes eran. Lembro que alguén tiña unha con son pero non sei quen, tal vez Luís. Luís Lomba, Ayón, proxectaba películas que gravaba nunha casa, algunhas tiñan son.

Filmaba sen son?
Si, sen son.

Que motivos filmou?
Un pouco de todo; vodas, desfiles, festas, eventos familiares.

Durante canto tempo filmou? En que anos?
A partir do ano 74 hasta máis ou menos o 83-84.

Onde levaba as películas a revelar?
En Vigo, nunha tenda chamada Vigofoto.

Como facían o visionado das películas?
Con proxector, e montaba anacos de películas distintas que pegaba con acetona.

Que lle dicía a familia?
Nada en concreto. Non lembro.

Aínda ten a cámara e o proxector?
Si, conservo as dúas cousas.

Porque non filmou mais?
Falta de tempo, tiña que traballar, ía ao mar.

Cantos rolos conforman o seu fondo?
Ao estar montados varios rolos, non sabería con exactitude, uns 15-20.

Sabe de alguén na actualidade que teña filmacións caseiras como as súas?
No sei, supoño que Bento e Luís Ayón.