Arquivo da categoría: Jesús Zapico

Fondos a visibilizar

Os fondos a visibilizar son os de Tini de Andrés, Raúl Perez, Jesés Zapico e J. Antonio Pacheco “Laxeiro”.

Advertisement

Volver

Volver? Nunca nos fomos. Durante este tempo Proxecto Socheo ficou nun estado latente traballando en silencio para seguir atopando patrimonio audiovisual da Guarda. Durante este período tivemos una actividade de divulgación baixa sobre todo dando saída a todas aquelas persoas que se puxeron en contacto para empregar a Proxecto Socheo como una plataforma para das a coñecer imaxes que demandaban ser vistas. Neste senso temos que dar as grazas a Xavier Lomba e a Luis A. Martínez Sobrino.

Porén, agora volvemos con gañas para dar a coñecer o material dos fondos de Tini de Andrés, Raúl Pérez, Jesús Zapico e J. Antonio González Pacheco “Laxeiro”. Os responsables destes catro fondos pensaron en Proxecto Socheo para poñelos en valor e para iso, para pechar o círculo, teñen que ser desfrutado por todos vós.

Mais para esta travesía, quen sabe se a última, Proxecto Socheo viuse rodeado dun par de colaboradores especiais a quen queremos dar as grazas: ao Faiado da Memoria de Vilagarcía e a ORPAGU. Os primeiros foron fundamentais para facer a ardua tarefa de dixitalizar as películas de Súper 8. E o máis destacable é que este traballo fíxose dunha maneira desinteresada porque a xente do Faiado da Memoria, especialmente a Antón e a Margarita, participan das mesmos principios que avoga Proxecto Socheo. Para ter un xesto con este altruísmo falamos con ORPAGU, especialmente con Juana e Balueiro, e eles proporcionaron, tamén facendo gala dunha grande filantropía, a maneira de recompensar tanta xenerosidade. Para todos eles dámoslle agradecementos a mans cheas todas as veces que faga falta.

Antes de despedirmos nos gustaría recalcar que aínda se pode facer moito polo patrimonio da Guarda polo que instamos as novas xeracións a seguir interesándose por el. Neste punto gustaríamos aportar unha verbas alentadoras: non sucumbades ante os fracasos porque cando veñan os logros estes proporcionarán unha ledicia indescriptible.

Agora xa si, imos a celebrar a nosa década de existencia. Ao longo dos próximos meses amosaremos no que estivemos traballando. Prepárense para este percorrido polo tempo. Agardamos que desfruten.