Arquivo da categoría: Filmoteca Española

Proxecto Socheo proxectará varios filmes na Filmoteca Española

filmoteca

A Guarda ensinarase en Madrid. Será o 22 de outubro, no Cine Doré, sede da Filmoteca. Proxectaranse varios filmes recuperados por Proxecto Socheo formarán parte dun programa organizado pola Red de Cine Doméstico Española.

Dentro da celebración do Mes del Archivo a Filmoteca Española convidou a Red de Cine Doméstico de España a presentarse e a ensinar o traballo dos seus membros. Hai que lembrar que Proxecto Socheo foi socio fundador desta asociación estatal que vela pola recuperación, restauración e estudio de filmes feitos nun ámbito familiar.

Desde Proxecto Socheo estamos encantados de que se poda visibilizar o noso traballo e damos as gracias aos propietarios dos filmes por ceder o seu permiso para a proxección.

O traballo da Red de Cine Doméstico se pode ver na seguinte páxina http://www.lareddelcinedomestico.com