Arquivo da categoría: Enrique Barreiro

Romaría da Festa da Monte (1976), de Enrique Barreiro

Película familiar que filmou Enrique Barreiro durante a romaría da Festa do Monte no ano 1976. Un dos grandes documentos históricos sobre como se celebraba o Dia do Monte Trega a mediados da década dos anos 70.

Advertisements

DESFILE DA FESTA DO MONTE (1976)

Película familiar que filmou Enrique Barreiro sobre o Desfile da Festa do Monte en 1976. Un documento importantísimo porque podemos ver bandas hoxe desaparecidas e como outras cambiaron de vestimentas.

PASEO POLA PRAIA DAS EIRAS, DE ENRIQUE BARREIRO (1976)

Película familiar que filmou Enrique Barreiro sobre un paseo na praia das Eiras en 1976. Nela podemos ver como un avó pasea cos netos e un can pola ribeira do Miño.

Vendima nas Eiras (1976)

Película familiar que filmou Enrique Barreiro durante a vendima nas Eiras no ano 1976. Un documento onde se pode seguir as fases dunha vendima tradicional desde que se recolle a uva do campo ata que se expreme na prensa.