Arquivo da categoría: deporte

RALLY RÍAS BAIXAS (1978)

Filmación duns tramos dunha etapa do Rally Rías Baixas de 1978. José Quintas Núñez fixo unha serie filmes a finais da década dos 70. A parte de recoller escenas familiares tamén estivo atento a recoller costumes e paisaxes daquela altura.

Balonmán: Atl. Guardés – Goleta Pub (Lugo)

O balonmán é un deporte con moita tradición na Guarda. Aquí preséntase (integramente) unha das primeiras retransmisións en directo dun partido no pavillón da Sangriña. Nel enfróntanse o Atlético Guardés e o Goleta Pub de Lugo no que parece ser un encontro amistoso pertencente a algún torneo preparatorio para a liga.