
Proxecto Socheo recibiu unha comunicación no que se identificaban dúas raparigas que saen en dúas fotos do fotógrafo norteamericano Eliot Elisofon.
Fai catro anos dérase a coñecer estas imaxes e quedara en suspenso unha maior investigación sobre o nome de aqueles rapaces que saen nas fotos. Nas imaxes da Ribeiriña houbo unha identificación exhaustiva mais faltaban as do Cangrexal.
Foi así como nestas datas festivas o fillo dunha desas rapazas, José Benito González Martínez, indicounos cal era o nome da súa nai e o da súa tía: “Miña nai, María Fuensanta Gómez Rodríguez, que no pobo a coñecían como “Santa” é a que está en dúas fotos (nº 12 e nº 13) no circo roxo, e nun cadrado do mesmo color a súa irmá Pilar”.
Sirva este apuntamento destacado coma homenaxe a Fuensanta e a Pilar e nos gustaría acabar con outras palabras de José Benito: “Afondar na sesión de Elisofon é unha boa idea. Identificar eses rapaces e raparigas, para logo falar con eles para que nos conten as súas lembranzas dese día”. Deixamos aquí este reto para que outros veciños se animen a recoñecerse e a contar algo máis desa xornada especial.