Arquivo da categoría: Canal 50

SIRA MARTÍN FACENDO PROBAS DE CÁMARA EN CANAL50

Xa temos novo equipo de goberno no Concello da Guarda. Dámoslle os parabens e agardamos coñecer as súa política de arquivo e de protección do patrimonio. Sería interesante que esta lexislatura servise para dar pasos na conservación e divulgación do arquivo de Canal50, fundamental para a memoria recente da nosa vila. Aquí temos unha pequena mostra… un vídeo aportado a Proxecto Socheo pola que foi unha das súa presentadoras Sira Martín. Moitas gracias!