Arquivo da categoría: balonmán

PROLEGÓMENOS DO ATL. GUARDÉS-GRANOLLERS

Momentos previos do partido entre o Atlético Guardés e o Granollers onde se presentan as xogadoras de ambos equipos.  O partido xogouse o 27 de maio de 2017 e gañou o Guardés 27-20 gañando o campionato da Liga de España 2016/17. Vídeo realizado por Antolín Martínez.

Balonmán: Guardés-Tirso de Molina (1985)

Estamos no Pavillón Municipal da Sangriña, é o 5 de maio de 1985 e xógase a fase de ascenso á segunda división nacional de balonmán (se lle facemos caso ao locutor da gravación), Xogan o Atlético Guardés e o Tirso de Molina. Media vila, nas gradas.

Balonmán: Atl. Guardés – Goleta Pub (Lugo)

O balonmán é un deporte con moita tradición na Guarda. Aquí preséntase (integramente) unha das primeiras retransmisións en directo dun partido no pavillón da Sangriña. Nel enfróntanse o Atlético Guardés e o Goleta Pub de Lugo no que parece ser un encontro amistoso pertencente a algún torneo preparatorio para a liga.