Arquivo da categoría: Anos 70

DESFILE DA FESTA DO MONTE (1976)

Película familiar que filmou Enrique Barreiro sobre o Desfile da Festa do Monte en 1976. Un documento importantísimo porque podemos ver bandas hoxe desaparecidas e como outras cambiaron de vestimentas.

VISITA AO MONTE SANTA TREGA (1976)

Película familiar que filmou Enrique Barreiro durante unha visita ao Monte Trega no ano 1976. Nela podemos ver o estado do castro e tamén disfrutar das espectaculares vistas desde a cima do monte.

PASEO POLA PRAIA DAS EIRAS, DE ENRIQUE BARREIRO (1976)

Película familiar que filmou Enrique Barreiro sobre un paseo na praia das Eiras en 1976. Nela podemos ver como un avó pasea cos netos e un can pola ribeira do Miño.

Vendima nas Eiras (1976)

Película familiar que filmou Enrique Barreiro durante a vendima nas Eiras no ano 1976. Un documento onde se pode seguir as fases dunha vendima tradicional desde que se recolle a uva do campo ata que se expreme na prensa.

Manifestación en defensa da flota guardesa no caladoiro de Marrocos (1979)

Película da manifestación, corresponde á xornada de mobilización – convocada pola Unión Sindical Local de CC.OO. – Comisións Mariñeiras – contra á Administración central española – daquela gobernaba a UCD, de Adolfo Suárez -, pola aplicación, por parte de Portugal, da protección dos seus caladoiros, de tal xeito que á flota de A Guarda, que viña faenando na plataforma continental de Portugal, tivo que deixar de face-lo e a partires diso, sair á procura de novos caladoiros, no banco canario sahariano. Esta manifestación tivo lugar no ano 1979. Comezou na Praza do Reló, percorreu a actual rúa de Galicia e baixou Concepción Arenal até o Porto. Segundo recollen as imaxes houbo unha gran asistencia de xente, todo o pobo movilizouse para reclamar ás autoridades españolas defensa da súa importante flota pesqueira.

O documento é unha contribución de Ricardo Rodríguez ao Proxecto Socheo.

Desfile da Festa do Monte 1977

O Proxecto Socheo funciona grazas á colaboración da xente. Neste caso temos que agradecer a José do Cinebank La Guardia esta gravación en Super 8 do Desfile do Monte do ano 1977.

Na película recóllese a expectación por contemplar o Desfile. A xente e as distintas agrupacións diríxense á Alameda para seu o inicio. Despois séguese a personas co traxe tradicional bailando ao son da música das gaitas e os bombos. Tamén interesante son os planos do público onde podemos atopar algún rostro coñecido.