Arquivo da categoría: A Sangriña

CELEBRACIÓN DO CAMPIONATO DO ATL. GUARDÉS POLAS RÚAS DA GUARDA

A Festa do Monte? Non, o Guardés campión de España!

Advertisements

Jeanette gaña o premio á mellor curtametraxe no FICIC 2016

Jeanette-cartaz1

A curtametraxe Jeanette, dirixida por Xurxo Chirro en colaboración cos alumnos do IES da Sangriña da Guarda, acaba de gañar o premio á mellor curtametraxe na competencia internacional do Festival Internacional de Cine Independente de Cosquín, Córdoba, Arxentina.

Esta curtametraxe é a culminación dunha serie de actividades formativas que levou a cabo Proxecto Socheo no IES A Sangriña da Guarda durante o curso 2014-2015. Este programa de formación audiovisual denominouse Socheo Educativo e foi premiado polo Ministerio de Cultura de Espña polo seu decidido labor de alfabetización audiovisual.

Xurxo Chirro comenta que “está moi contento polo recoñecemento mais o interesante foi a propia realización da curtametraxe xa que contei coa axuda duns rapaces cun inusitado interese e un desbordante entusiasmo por implicarse no proxecto. Parabens para todos eles!”.

Mentres, Beli Martínez, produtora de Proxecto Socheo di con pragmatismo “que bota de menos unha maior implicación e apoio das institucións por que se comproba que co noso método de ensinanza se pode alcanzar con facilidade froitos, que non son outros que xerar unha gran ilusión nos rapaces para comprender e expresarse dunha maneira axeitada e creativa coas ferramentas audiovisuais”.

Presentación do trailer de Jeanette

Temos o pracer de presentar o avance da curtametraxe Jeanette. Un filme dirixido por Xurxo Chirro e realizado en colaboración cos alumnos do IES A Sangriña da Guarda. Estrearase no Festival de Cine Independente de Cosquín, en Córdoba, Arxentina. Esta curtametraxe foi o proxecto final das aulas e actividades realizadas desde Socheo Educativo.