Arquivo da categoría: 2012

Mercedes Lomba Baz

Entrevista que forma parte do proxecto Memoria Acústica Europea realizado en Galicia por Escoitar.org. Esta gravación feita o pasado verán na Guarda contou co apoio de Proxecto Socheo.

MOSTEIRO DE OIA (2012)

Estreamos a sección ARREDORES para ampliar un pouco máis o campo de acción de Proxecto Socheo! Comezamos cun especial paseo polas entrañas do Mosteiro de Oia. Único mosteiro cisterciense ao carón do mar que na Guerra Civil foi campo de concentración. Monumento histórico de grande importancia en penoso estado de conservación! Gracias a Constante Rodríguez por facilitar o vídeo!.

Trátase dun singular percorrido polo Mosteiro de Oia, un dos monumentos máis importantes da bisbarra do Baixo Miño. Nel subiremos ate o campanario, deambularemos pola claustro e finalmente remataremos na igrexa onde o pobo de Oia está a celebrar unha festa.

Descarga de Sardiñas no porto da Guarda (2012)

Nunha das noites do verán no porto da Guarda unha cámara dun móbil recolle unha descarga de sardiñas. Unha escena que cada vez é máis infrecuente xa que a captura de sardiña está minguando obstensiblemente se comparamos cifras con décadas pasadas. O porto da Guarda é unha base excelente para os barcos de ardora que en parella ban a capturar a sardiña que ten como hábitar privilexiado a zona do mar fronte a desembocadura do río Miño. A pesca da sardiña tamén a fan embarcación menores como as gamelas que colleron a herdanza da pesca do xeito,

Proxecto Socheo, en Cineuropa 2012

O Proxecto Socheo forma parte da edición deste ano do Festival Cineuropa, que ten lugar ao longo do mes de novembro en Santiago de Compostela.

A sesión na que a memoria do Baixo Miño e da Guarda, da man do Proxecto Socheo, serán protagonistas terá lugar este venres 9, dende as 19:45 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Será unha cita con dúas partes. Na primeira presentarase e debullarase o espírito do Proxecto, amosando unha escolma de traballos compilados, e, a continuación, proxectarase a videobitácora Vídeo Fox.

Vídeo Fox é unha videobitácora do Tania-María, un barco de pesca da Guarda que faenaba no Atlántico, preto das Azores, e dedicábase ao palangre co que pescaba peixe espada e marraxos. O mariñeiro Antonio Martínez e o resto da tripulación gravaron no 1996 unha “maré” desde que están de ruta ao caladoiro até que volven ao porto de Vigo.

O Proxecto Socheo sacou á luz a existencia destas videobitácoras entre os mariñeiros guardeses. Son gravacións conscientes, diarios de abordo que queren testemuñar as incidencias e peculiaridades do traballo no mar. Ademais de Vídeo Fox, hai outras 3 películas máis recuperadas polo seu equipo.

A presenza en Cineuropa supón un recoñecemento do traballo que está levando a cabo o Proxecto Socheo atesourando imaxes da Guarda e do Baixo Miño, un exemplo de que pondo a lupa nas tradicións e na cultura a escala local pódense conseguir resultados valiosos dende unha perspectiva global.

Cineuropa é unha cita de referencia no panorama audiovisual galego e este ano acada a súa edición número 26. O seu portal en internet destaca así a cita co Proxecto Socheo:

http://www.compostelacapitalcultural.org/detalles/15393/eventos.html

Proxecto Socheo, traballo compartido

 

O Proxecto Socheo é unha iniciativa compartida que quere localizar, estudar, inventariar e dar a coñecer as imaxes que foron gravadas na Guarda e no Baixo Miño, co obxectivo de salvagardar un patrimonio audiovisual local e proxectalo, sen restricións, cara o mundo.

Para poder levalo a cabo, os seus impulsores solicitan a colaboración de todo aquel que teña gardadas algunha gravación. Emigrantes, mariñeiros, turistas, veciños en xeral … todas teñen valor. As imaxes analóxicas que se facilitan a Socheo dixitalízanse e se editan adecuadamente sen ningún custe para o particular.

A maior parte este traballo está dispoñible en Internet, a través dunha canle homónima en Youtube. Pódense visionar máis de cincuenta películas desde a década dos anos 20 até a actualidade. Igualmente pódese seguir a súa evolución nas redes sociais.

“Socheo” é un vocablo mariñeiro que significa a última fase da preamar, a iniciativa á que dá nome tamén grava tradicións e aspectos sociais que definen a singularidade cultural baixomiñota e fará unha campaña de recollida de oralidade de persoas maiores para que esta sabedoría non desapareza.

 

Tito “Chirro: patrón de pesca

Sección “Mestres e figuras” do programa “O mar” da TVG protagonizado por José Benito Rodríguez González, máis coñecido na Guarda por Tito Chirro. Nel fanlle unha entrevista pola que enfían todos os seus recordos como patrón de pesca especialmente centrándose na do espada que desempeñou por distintas zonas do océano Atlántico e do Índico.