Arquivo da categoría: 1993

OS MUÍÑOS

Documental escolar que se interesa pola investigación e divulgación dos muíños tanto de vento como de auga que hai na comarca do Baixo Miño. Desta maneira se fai un repaso aos restos dos muiños, explicando o seu funcionamento e mostrando o seu estado de abandono antes de que as autoridades locais procedesen a súa conservación. O filme-videográfico é do ano 1993 e pertence ao C. P. A Sangriña, un colexio que naquela altura traballaba moito, de maneira anovadora, co audiovisual como ferramenta educativa. Graciñas a Rosa Darriba, novamente. 

Subida á Romaría do Monte (1993)

Nova gravación de 1993 sobre a Festa do Monte. Pola mañá, a xente comeza a subida ao Monte Santa Trega para participar na romaría enxebre que normalmente ten lugar o segundo domingo de agosto. Xente a  pé ou en coche, bandas mariñeiras, grupos de amigos, familias coa comida para o xantar. Todas son caras de ledicia ante a agardada festa no cumio do monte. Imaxes tomadas dende a parte alta do Montiño (Parque do Cancelón), sitio privilexiado para captar tanto quen opta a subir ola estrada como quen escolle os atallos.