Tini de Andrés: a mirada escindida

Imos ao obvio: Tini de Andrés é unha muller. Por desgraza non temos localizados máis casos de cineastas afeccionadas na Guarda para facer un estudio con entidade de como afecta a cuestión do xénero dentro do cinema familiar. Tampouco podemos facer comparacións con cineastas doutros contextos (lugar, clase social, época…) porque a análise se desvirtuaría. Mais imos ver como o caso de Tini de Andrés é bastante singular e interesante. Nos seus filmes pódese rastrexar sen esforzo unha mirada de feminina altamente significativa, unha reivindicación da condición da muller complexa e altamente nutricia.

A cineasta sae en moitas das imaxes, se o comparamos con outros casos, podemos dicir que dunha maneira excesiva. Neste punto hai que dicir outra condición notoria: que delega a filmación en familiares próximos. Pero isto non é un demérito xa que vemos como a cineasta emprega o medio cinematográfico como espello no que reflectir a súa idiosincrasia. Nas imaxes está atemperado o narcisismo e vemos a unha muller moderna, mais tamén seria e enérxica. Vemos certa consciencia da representación mostrándose con decisión e resolutiva empregando linguaxe cinematográfica axeitada: primeiros planos, contrapicados, seguimentos…

Mais grazas á análise das películas que compoñen o fondo podemos ver que as imaxes que saen da cineasta débese a reflectir certo momento vital. A cineasta estaba nunha encrucillada, a medio camiño entre EE. UU. e Galicia. Asemade, estaba na diatriba de continuar ou non a súa carreira coma mestra. Podemos ver que a súa faciana pesarosa reflicte a incomodidade dunha familia de emigrantes que se ven obrigados a abandonar a súa terra. Outra vez a emigración galega atopa no cinema un extraordinario aliado para disipar saudades.

De Andrés é consciente da fugacidade do tempo, da brevidade do momento, do hedonismo das vacacións, das estancias na terra onde un é. O acto de filmar é un divertimento pero convértese nun antónimo cando este captura unha realidade que se torna de maneira inmediata nun recordo encarcerado polo celuloide. Emporiso, este cinema familiar tamén fai patente a natureza fantasmal do medio. Neste punto emerxe na cineasta unha áurea matricial que tece e enxuga a súa singularidade como persoa, o entrabado familiar, as súas arelas profesionais e as raíces identitarias afundidas no territorio.

Malia esa lectura temos un desexo de reflectir a realidade próxima como se fora algo para fortalecer a memoria e non caer no esquecemento. A obra de Andrés toca os temas comúns cos que se clasifica o cinema familiar: actividade da familia, conmemoracións, festas, nenos, retratos e, sobre todo, viaxes. Nas imaxes vemos panos de fondo interesantes como o porto coas embarcacións, vida escolar, visitas a Tui, a Baiona e a Porto, imaxes da Pasaxe e imaxes de rúa nas sempre presentes imaxes da Festa do Monte.

Non obstante, se isto de por si non fora interesante Tini de Andrés filmou unha peza incríbel: Bowery NY, do ano 1972. Unha película de algo máis de 3 minutos no que a cineasta fai algo moi moi difícil. Empregando unicamente o montaxe de cámara é capaz de facer un cru retrato da cidade neoiorquina comezando nun periplo que vai desde o chan ate o ceo, desde os pesadelos até as soños. Crítica ao soño americano? Podería ser… mais hai que ser moi escépticos coa intencionalidade mais se isto está desacertado entón esta curta hai que enmarcala dentro dos rexistros creativos do azar. Non sabemos cal dos dous camiños convirte o filme en aínda máis valioso. Estamos logo ante unha película imperdible, unha rara avis do cinema galego que o esperto en cinema experimental Alberte Pagán non se amedrentou en denominala como “Maravilhosa!”.

Imos? Comezamos.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s