Fai tempo que tíñamos este proxecto parado: HISTORIA DAS MIÑAS GAMELAS TRISTES. Precisamos a vosa colaboración! Comentade lembranzas de gamelas, nome, propietarios, anécdotas, cores, debuxos… Animádevos a comentar e intentemos que non esmoreza o seu recordo.
Engadimos os comentarios deixados en FB.
Proxecto Socheo Na Cruzada había algunha famosa como a XIRICO, onde ían o Xirico e o Chacurro, era de cor verde e vermello e tiña o debuxo dunha muller desnuda e aberta de pernas na proa. Tamén estaban a LUCÍA (vermella e verde) do Manequis, a GALICIA (branca e vermella) do Bulina, SUITA (do Suita) de cor azul e vermella, a LOLO (do Lolillo) de cor amarela e azul, a SARIÑA (do Sariña) de cor azul e vermello,…
Manuel Lomba Nuñez Na ribeira a nosa: Hada, verde manzán e; a do Calano: roxa; a do Rubio, moi pequena, branca e roxa, a do Santa María (compañeiro do Rubio, non confundir con o outro) Rosa; a do Santa María, esta vez sí: escudo do Real Madrid na proa… O que non lembro ven son os nomes, a ver se alguén pode axudar.
Manuel Lomba Nuñez Lembro agora a Corsario, toda de roxo, do Corsario.
Xurxo Chirro Pois eu teño lembranzas moi vivas. Gustábame moito a gamela do CHE e como estaba decorada a súa proa coa efixie famosa do revolucionario. Gustábeme moito os días de reseca onde as gamelas saían co arrastón a coller camaróns entre os argazos. Tamén lembro cando as veces a xente axudaba a varar a gamela, rodo tras rodo, ou cando algún mariñeiro a baixaba esvarando polo verdello facendo acrobacias. Lembro que no verán as gamelas se enchían de auga para que as madeiras se curtisen coa salitre, parecían submarinos. Lembro que nos días de verán con moito sol os mariñeiros pintalas de cores chillóns mais antes había que raspar as pinturas vellas e saían á luz todas as súas peles. Lembro de xogar dentro das gamelas a facer longas travesías cortadas de supeto pola pisallada dalgún propietario. Gustábame como a proa da gamela ía devorando ondas como se fora o boquear dun muxo na tona da superficie. E gustábeme ver sair aos gameleiros, de pé, na popa, ao carón do motor, e a proa ergueita, valente, sen temor aos grandes mares que podían irromper alén do Balueiro.
Gloria Portela Ditos do Pancho ”bolina” ;;;E mellor cuarta de vela’ que cuatro remos na gamela;;;;;;,
Gloria Portela Gamelas do sur ‘ Caraterizase por a sua forma’rectangular.’lixeiramente curvada na proa’asua construcion costa de fondo plan’testeiro proa e popa leva tres bancadas a da proa ;pousamastro; ado fondo chan’ con tres buracos para a inclinacion segun os ventos; datos sacados do libro BAJO MIMHO COSTA SUR’ de Eliseo Alonso,
Gloria Portela Tenho,gamela, tenho remos Sardinhas hainas no mar;Tenho unha muller moza que mais podo desear ””’Eliseo Alonso””’
Lois Rodríguez Recordo as gamelas no porto. Unhas varadas e outras fondeadas cunha poutada. Tamen algunha amarrada no muelle alto. Esas eran as que colliamos os rapaces para dar unha cheda polo porto. Os donos deixabanas cos remos pero levabavan os toletes (na Guarda non usabamos estrobos coma os das rias). Iso non supoña un problema, andabamos cos nosos propios toletes no bolso, é tamen sabiamos singar. Se partia un tolete, non quedaba outra, singar. Que rapaz sabe hoxe singar?. Tampouco remar nas gamelas non era doado, os remos eran largos, pesados, e cruzados. Tampouco se podian empuñar porque tiñan unha forma tronco-conica con moito diametro. O ir cruzados habia que cambiar a posicion dos remos en cada boga. Unha vez arriba e outra vez abaixo. Pódelle parecer a un alleo que estaban moi mal feitos. Pero non, estaban pensados e diseñados respetando o principio fisico da palanca. As gamelas da Guarda navegaban sempre en mar aberto, meu amigo. Se tiñas que remar con a gamela cargada ate a borda de aparellos (mollos, trasmallos, raeiras…), tamen víveres, con dez homes ou mais abordo ate o barco, que estaba fondeado no porto. Había que remar con forza, e a costume era que remase o mais novo. E dicir o rapaz. Tamen era todo un clásico chegar a casa cos pantalóns manchados da brea de cor castaño con a que impermeabilizaban as gamelas. Magoa que vaian desaparecendo. Deberian estar protexidas, forman parte do noso patrimonio cultural.