PROXECTO SOCHEO RECUPERA FILMES DE MILO VALTERRA

Esta acción enmarcarse dentro das chamadas que Proxecto Socheo fai entre os veciños da Guarda para localizar, dixitalizar e divulgar filmes familiares. Nesta ocasión púxose en contacto Milo Valterra que nos aportou filmes en Super 8 filmados entre 1980 e 1983.

De aquí até o verán se incorporará fragmentos de películas de Socheo todos os filmes con alto valor documental. Entre este material destacamos unha das primeiras videobitácoras feitas por un mariñeiro da Guarda, concretamente no barco dos mollos Canero. Se somos exactos é a primeira filmo-vitácora que aparece, xa que as imaxes foron feitas en soporte cinematográfico.

Mais as imaxes complementase cunha procesión das alfombras florais do Día do Señor e, como non cun amplo seguimento da Festa do Monte durante os anos 1981 e 1982. Gracias a esta recuperación poderemos asistir a un seguimento especial dalgunhas bandas mariñeiras como a Banda Roja, Mau Mau e, especialmente, da Banda dos Perdidos.

Desde Proxecto Socheo queremos dar as gracias a Milo Valterra pola súa confianza e queremos seguir convidando aos veciños da Guarda e bisbarra a que nos fagan saber dos seus fondos de películas. Desta maneira Proxecto Socheo ofrece os servizos de dixitalización retornándolle de volta dos orixinais analóxicos nunha copia en dvd. O contacto de Proxecto Socheo é o seguinte: proxectosocheo@gmail.com

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s